Somos artistas!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe queremos propoñervos unha actividade que seguro que vos encanta!

Para iso precisades os seguintes materiais:

- Papel film transparente.

- Pinceis.

- Témperas ou pintura de dedo.

Imos facer unha obra de arte chulísima sobre film transparente.

Estade moi atent@s aos pasos que debemos seguir:

1. Escoller a superficie sobre a que imos colocar o film ( patas dunha mesa, cadeira...).

2. Colocar varias tiras de film transparente arredor e escoller a pintura que imos empregar (témperas ou pintura de dedos).

3. Pintar sobre o film deixando voar a nosa imaxinación!

Por último, poñeredes nome á vosa obra e non vos esquezades de poñer o voso nome como artistas que sodes! :)

Esperamos que vos guste!

Un bico xigante! :)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog