Día da familia! :)

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe é o Día Internacional das Familias e por iso esta entrada vai adicada moi especialmente a todos vós!

Sodes unha parte imprescindible dos vosos nen@s, pois aportades o apoio e a seguridade afectiva que eles precisan, axudádes a mellorar a súa personalidade, a formar o seu carácter e ensinades o valor do amor, do afecto, do cariño, da honradez e de quererse a si mesmos.

Pero para nós tamén sodes unha parte fundamental. Somos moi conscientes do tremendo esforzo que estades a facer, dando continuidade á nosa labor educativa nestas circunstancias tan excepcionais e colaborando na medida das vosas posibilidades en todas as actividades propostas.

Por iso, grazas de corazón! :)

E por suposto nunca esquezades que todos formamos unha gran familia :)


No día de hoxe, temos dúas propostas, unha delas unha receita moi especial! Precisades os seguintes ingredientes. Atent@s!




Para a seguinte actividade propoñemos que fagades unha árbore familiar! Para iso precisades:

- Cartolina.

- Tesoiras.

- Pegamento.

- Folios.

- Témperas.

Primeiro debuxaredes na cartolina coa axuda das vosas familias o tronco dunha árbore coas súas ramiñas.

Podedes pintalo para que quede ben bonito!

Despois, cada membro da familia, deberá de estampar con témpera a súa man no folio. Agardaremos a que seque e poñeremos o nome de cada membro.

Por último, recortaremos as siluetas das mans e pegarémolas ás ramiñas da nosa árbore familiar!

Esperamos que vos guste e que disfrutedes moito do día :)

Por último, deixamos o enlace que nos manda o Equipo de Dinamización da Lingua Galega coas actividades para hoxe, esperamos que vos gusten :)

Semana das Letras Galegas

Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog