Constrúo o meu nome! :)

Ola peques!

Como estades? :)

Que vos parece se construimos o noso nome?

Nun folio ou pizarra escribiremos todas as letras do abecedario separadas.

Escribiremos enriba o nome do neno ou da nena. Cada peque terá que localizar as letras do seu nome e rodealas ou pintalas. Tamén copiarán o seu nome na línea de debaixo.

Despois buscaremos en revistas ou xornais as letras do seu nome e podemos pegalas facendo unha composición nun papel aparte ou cartolina.

Tamén podemos facer os nomes dos membros da nosa familia! :)

Finalmente decoramos o cartel como máis nos guste! :)

Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog