Amosando publicacións coa etiqueta bombons. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bombons. Amosar todas as publicacións

Bo verán!!

O noso agradecemento ás familias porque, entre todos e todas, fixemos posible que o alumnado deste centro seguira realizando tarefas durante o confinamento e estivera en contacto co seu profesorado.  Vémonos en setembro!


Este curso tan estraño
chegou ao seu fin
e vai permanecer sempre
no noso recordo.
O CEIP Vila de Rutis
quere felicitar
ao alumnado e ás familias
pola súa responsabilidade
e polo seu traballo
desde a casa.
O confinamento
serviunos para
botarnos de menos,
desexar vir ao cole,
e para valorar máis
a necesidade de vir ás aulas
e compartir xuntos e xuntas
moitas emocións e ensinanzas.
Queremos animarvos
a mirar cara adiante
e, sen esquecer o vivido,
teñamos a esperanza
de que en setembro
estaremos xuntos de novo.

Bo verán!!

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

ESTE VÍDEO É UNHA PEQUENA HOMENAXE PARA TODOS VÓS!

Porque vos queremos,
porque o merecedes,
polo que traballáchedes,
e porque non debemos esquecer nunca o vivido!


BO VERÁN A TODAS E TODOS!

BIQUIÑOS INFINITOS DE PARTE DE CRIS, NOE, MANU E UXIA!

FOI UN GRAN PLACER COMPARTIR CON VÓS TANTOS MOMENTOS BONITOS!


Cata aprende sobre os músculos!

Guau Cata que musculada te vemos!
;)

Santi aprende sobre o proxecto coa axuda de Sam!

Santi preséntanos ao seu axudante en casa, chámase Sam e é un esquelete! ademais mandanos un video co libro sobre o corpo que lle foi tamén moi útil para aprender sobre o proxecto!

Grazas Santi e familia, por ser tan participativos e facer máis fácil estes meses tan raros!
:)




Martín segue co proxecto!

Moi ben Martín, o proxecto parece que che enganchou e coa axuda dos papis... foi unha pasada!
ademais sacaches tempo en todo momento para mates, letras e hasta para falar coa profe verdade?
Gtazas por facer estes meses máis amenos!

:)



Aparello locomotor: sistema muscular

Boas peques! hoxe remataremos o proxecto da man do sistema muscular!
repasemos un pouco sobre o aparello locomotor
neste vídeo aprenderedes algo sobre os músculos


recordades cantos osos temos?... exacto! 600 músculos
no video aparecen os nomes dalgús músculos, fúchedes capaces de localizalos no voso corpo?


Pero atentos a este video! o corazón e os intestinos son músculos tamén, pero móvense de forma involuntaria, é dicir funcionan se mandarlle de forma consciente, como ocorre co pestanexo, e a respiración

Aínda que é fundamental coñecer o noso corpo, para previr posibles doenzas, mirade como podemos facer diferentes exercicios
pero nos primeiros anos é fundamental facer exercicios coas mans, para poder adquiri un maior control sobre a psicomotricidade fina
é moi sinxelo, xogar con plasti, pasta de modelar ou facendo actividades como estas:


Igual que cos ósos podemos facer esta manualidade sobre os músculos e comprobar como se estiran e se contraen


para repasar e aprender sobre o corpo deixámosvos unhas apps



ESPERAMOS QUE APRENDÉRADES E DISFRUTÁRADES CON ESTE PROXECTO,
apesares das dificultades do distanciamento ... a maioria participáchedes de forma activa, iso terá unha recompensa para a vindeira semana! 
GRAZAS ás familias, por conseguir que nesta situación complexa para todos, fose posible o traballo cos vosos fillos e fillas!
e por suposto ... GRAZAS a vós peques, por traballar tanto e ter sempre un sorriso!

SE VOS QUERE

AS PROFES

aparello locomotor: os ósos

O luns aprendemos moitísimos datos!
Hoxe centrarémonos no sistema óseo!

pois ben empecemos con algunhas curiosidades sobre os ósos!


Para poder ver os ósos do corpo temos as radiografías!


identificades as diferentes partes do corpo nestas radiografías?

cando temos unha caída forte e rompemos algún óso mirade o que ocorre


neste caso aparece o peroné roto... seguramente tiveron que que poñerlle un xeso no hospital para que curase esa perna


Bueno e agora ... que tal unha manualidade para repasar?

podemos recrear a nosa propia radiografia con Raios X, mirade que chula!

Deseñar as costelas:
Cunha folla, unhas tesoiras e un debuxo podes ver como as costelas protexen partes do corpo tan importantes como os pulmóns e o corazón. 


e incluso facer a nosa columna vertebral!, lembrade que ten 33 vértebras!


o venres rematamos co sistema muscular!
biquiños!

Aparello locomotor!

Ola peques!
Hoxe comezamos o último aparello do corpo que traballaremos este ano!

víchedes... temos o sistema muscular e o óseo e dicir...
 os músculos e os ósos!



"Camaleón" vainos ensinar curiosidades sobre o aparello locomotor sobre o noso corpo e tamén dalgúns animais!

A camaleón ademais de aprender gústalle moito bailar, queredes aprender algunhas cantigas??
veña aí vai unha cantiga de músculos, teñen nomes rarísimos... aprendemos algún??
e agora unha cantiga de ósos máis movidiña... 

estivéchedes atentos??
que nos permiten facer os músculos?

Cal é o óso máis largo do corpo?


veña e agora un repasiño... 
cóntovos un segredo?? a voz do neno do vídeo e o neno da profe Manu que se chama... MATEO!
grazas Mateo por colaborar con nós!


Santi traballou sobre o aparello respiratorio!

Santi traballao moito pero sacou tempo para dar un paseiño e coñecer a imaxe de Castelao!
:)


Alba fai o seu deseño de Leotolda!

Que chulo ese debuxo Alba!
quedou fantástico!
:)




Aparello reproductor!

Tras o aparello respiratorio... hoxe aprenderemos sobre o aparello reproductor!

os organos sexuais son os que nos diferencian fisicamente aos nenos e ás nenas!

Os nenos teñen PENE e TESTÍCULOS mentras que as nenas teñen a VULVA



é certo que nas casas acostumamos a empregar nomes coloquiais para mencionar os xenitais dos peques, pero é importante que comecemos a chamar as cousas polo seu nome
:)


Tras ver o vídeo e aprender diferentes nomes e curiosidades podemos 

Xa aprendemos ao principio do proxecto as os diferentes procesos na reproducción humana!

Igual que co resto dos aparellos podemos construir con cartóns e goma eva diferentes manualidades para achegar as partes do corpo aos nenos e nenas, mirade que chulo!


Martín adéntrase no aparello respiratorio!

Seguro que puxeches ao dia aos teus familiares de todo o que estás a aprender!
que gusto da poder volver a xuntarnos!
e por suposto... bo traballo! 
;)






Aparello respiratorio!

Continuamos aprendendo un pouquiño sobre o aparello respiratorio!


que palabras tan dificiles verdade?

pois escoitade este rap!


sabedes como podemos ver os pulmóns??
pois mirade... nunha RADIOGRAFÍA, é como unha foto do noso interior verdade?


Debemos ter en conta que a respiración axúdanos a estar tranquilos, polo que é importante aprender a respirar e facelo lentamente

·         ARTISTADA DOS PULMÓNS

Seredes capaces de fabricar uns pulmóns? É moi doado. Necesitamos dúas palliñas, unha botella e dúas bolsas ou globos


Tamén podedes facer diferentes xogos onde traballaredes a respiración 



Xa nos contaredes cal vos gustou máis ;)

Deberes de inglés!

A profe Nati mándavos moitos biquiños, e hoxe preséntavos dúas letriñas e dúas palabras novas con elas 
;)
ademais podedes seguir coa páxina de xogos

Hugo estrena xogo novo!

Ao máis puro estilo dos pescadores profesionais... Hugo pesca números e letras!
Que xogo tan chulo
;)