Facemos debuxos animados!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe pensamos en facer unha actividade para que vexades que os debuxos poden coller vida!

Como? Pois atent@s! :)

Só precisades un rotulador de pizarra, ten que ser de pizzara porque senón non vai funcionar, un prato de cerámica e unha pipeta.

Faremos o debuxo que queiramos no prato, se son cousas pequenas, como un sol, un corazón, ou un peixe, imos velo máis claro aínda.

Unha vez que xa temos os nosos debuxiños, botamos un pouquiño de auga coa pipeta, moi despaciño, por enriba de cada debuxo e iremos vendo como se vai despegando do prato e vai collendo movilidade.

Deixamos un enlace para que o poidades ver mellor!

Debuxos animados

Esperamos que vos guste! :)

Un bico xigante! :)




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog