Experimentamos coa flotabilidade!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe propoñemos que experimentedes coa flotabilidade!

Para iso só precisades catro vasos de auga.

Nun vaso botaredes só auga, noutro auga con azucre, noutro auga con bicarbonato e no último vaso auga con sal.

Unha vez que xa tedes os 4 vasos de auga cos seus diferentes elementos, botaredes  un obxecto en cada vaso.

Todos os obxectos terán que ser iguais nos catro vasos para poder ver as diferenzas.

Agora tócavos observar que ocorre con cada obxecto en cada vaso.

Observades diferenzas? :)

Esperamos que vos guste!

Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog