Adentrámonos na cabeza!

Boas peques! hoxe imos aprender cousas sobre a nosa cabeciña!
Todos coñecemos cousas en xeral, que temos 2 ollos, 1 nariz, 1 boca, 2 orellas...
e recordamolo todos os días nas rutinas coa cantiga "en mi cara redondita"
pero e dentro? hoxe imos coñecer o cerebro, neste video veredes as súas partes e para que sirve cada unha delas, e nós centraremos as actividades nos hemisferios, o dereito e o esquerdo!
pensade que o cerebro é como unha noz aberta, ten dúas zonas que serían os hemisferios e unha parte central que sería o corpo calloso que serve para que ambos hemisferios se entendan e se coordinen!
curioso verdade?

pois veredes a parte esquerda, xeralmente é a que manda, nela regulanse as actividades como razoar, falar, escribir...
sen embargo o hemisferio dereito está máis centrado nas emocións, na imaxinación e na creatividade.

E ti, que hemisferio está máis traballado?

podes elexir actividade ou facer as dúas:
Para o esquerdo: contanos unha historia ou conto que che guste e que queiras compartir cos demais
Para o dereito: crea ou define un invento que te encantaría que existise o que fose máis común velo para facer a nosa vida máis sinxela, como por exemplo... 
"unha culler - garfo"

Ademais neste video sobre o cerebro tedes 5 curiosidades sobre o noso cerebro

que vos parece se buscamos por casa cousas e pesámolas, e cando atopemos algunha que pesa aproximadamente como o noso cerebro (1.5kg) sacámoslle unha foto e reflexionamos e comparamos coas nosas cabezas?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog