Amosando publicacións coa etiqueta lilas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lilas. Amosar todas as publicacións

Bo verán!!

O noso agradecemento ás familias porque, entre todos e todas, fixemos posible que o alumnado deste centro seguira realizando tarefas durante o confinamento e estivera en contacto co seu profesorado.  Vémonos en setembro!


Este curso tan estraño
chegou ao seu fin
e vai permanecer sempre
no noso recordo.
O CEIP Vila de Rutis
quere felicitar
ao alumnado e ás familias
pola súa responsabilidade
e polo seu traballo
desde a casa.
O confinamento
serviunos para
botarnos de menos,
desexar vir ao cole,
e para valorar máis
a necesidade de vir ás aulas
e compartir xuntos e xuntas
moitas emocións e ensinanzas.
Queremos animarvos
a mirar cara adiante
e, sen esquecer o vivido,
teñamos a esperanza
de que en setembro
estaremos xuntos de novo.

Bo verán!!

Feliz verán lilas! :)

Ola peques!

Noutras circunstancias estos serían días de moitos bicos, apertas, e tamén de despedidas.

Chegamos ao final desta viaxe, pero antes de marchar, queremos darvos as grazas polos vosos sorrisos e palabras bonitas, polo voso cariño e ilusión, pola vosa maxia e por esa marabillosa forma
que tedes de ver a vida.

Grazas tamén por todo o que levo de vós, polo que descubrístedes ao meu carón, e polo que eu da vosa man aprendín.

E grazas tb familias, polo voso apoio constante, esforzo, traballo, gratitude, respecto e cariño. Grazas de verdade por facer máis doado e bonito o camiño.

Déixovos un último vídeo, no que quixemos recoller pequenos momentos que permanecerán sempre no noso recordo.

Feliz Verán!

Ata sempre e moita sorte para o próximo curso!

Un bico xigante! :)





Madalenas caseiras!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe propoñémosvos facer unha larpeirada! Para iso precisamos:

- 4 ovos.

- 250 gramos de azucre.

- Medio vaso de aceite.

- 200 gramos de fariña.

- Levadura en po (10 gramos).

- Moldes de papel.

Nun recipiente batemos os ovos e o azucre. Logo botamos o aceite e a fariña mesturada coa levadura. Mesturamos todo ben e cunha culler imos enchendo os moldes das madalenas ata a metade.

Metemos ao forno 180º uns 15 minutiños e xa temos a nosa merenda lista!

Esperamos que vos guste moito! E a disfrutar!

Un bico xigante!

Tinta máxica!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe propoñémosvos crear mensaxes segredas doutra maneira distinta!

Para iso precisamos:

- Un folio.

- Un bastonciño ou un pincel.

- Zume de limón.

- Unha candea.

O primeiro que temos que facer é mollar o bastonciño no zume de limón e escribir sobre o folio a nosa mensaxe segreda!

Podemos escribir o noso nome ou tamén facer un debuxo ben bonito e o deixamos secar ben. Non se ve nada, verdade?

E agora, coa axuda dos aultos, con moito coidadiño e paciencia, darémolle calor ao folio pasándoo por riba da candea e… TACHÁN! Descubrimos a nosa mensaxe segreda!

Un bico xigante!

Revista dixital "AS VOCES DO VILA"

Xa temos por fin a primeira edición da revista do cole "As voces do Vila"!!!

Está feita con todo o cariño e para vela simplemente teredes que pinchar na imaxe da revista.

Esperamos que vos guste!

Un bico xigante! :)

Revista "As voces do vila"

Vasos musicais!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe propoñémosvos unha nova actividade na que experimentaredes coas posibilidades sonoras da auga. Para iso precisamos:

- 6 vasos do mesmo tamaño.

- Unha xarra de auga.

- Colorante alimentario.

- Un garfo ou similar para golpear os vasos.

Primeiro coloraremos os vasos en ringleira e coa axuda da xarra encherémolos con diferentes cantidades de auga.

Logo engadiremos o colorante alimentario para darlle un toque de cor á auga, recordade que cada vaso será dunha cor distinta.

E por último só nos queda facer as nosas composicións musicais!

A disfrutar!

Un bico xigante! :)


Nubes de cores!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe propoñémosvos un novo experimento no que crearemos unha nube de choiva nun vaso, no que veredes como se forman as gotas de choiva! Para iso precisamos:

- Un vaso con auga fría.

- Espuma de afeitar.

- Colorante alimentario.

Primeiramente cubriremos o vaso de auga fría cunha capiña xenerosa de espuma simulando as nubes brancas e esponxosas como se fosen de algodón!

Sobre a  espuma botaremos unhas gotiñas de colorante alimentario e cando as nubes estén cheas e non poida soster o colorante comezará a choiva de cores!

Esperamos que vos guste! :)

Un bico xigante! :)


Mensaxes secretos!

Ola peques!

Como estades? :)

Como xa estamos rematando, imos facer máis liviá a semana e publicaremos só tres días: luns, mércores e venres :)

Para esta actividade só precisades:

- Un folio branco ou cartolina branca.

- Cera branca.

- Témperas.

Para esta actividade imos precisar a axuda dun adulto, que escribirá con cera branca no folio ou cartolina mensaxes secretos ou palabras para que descifredes.

Unha vez que xa están escritas, coas témperas iredes pintando pouco a pouco o papel para ir descifrando as mensaxes secretas.

A investigar!

Un bico xigante e boa fin de semana! :)

Facemos unha bolsa personalizada!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e para iso a vosa misión será a seguinte!

Que vos parece se no lugar de usar bolsas de plástico, fabricamos unha personalizada? :)

Para iso precisamos os seguintes materiais:

-Unha camiseta vella.

-Tesoiras.

-Pinturas e pinceis.

E agora comezamos! :)

Primeiro cortaremos as mangas e o cuello da camiseta, de xeito que nos quede unha camiseta de tiras anchas que serán as asas da nosa bolsa. Canto máis aberto sexa o cuello, máis grande será o oco para meter as nosas cousas.

Na parte inferior da camiseta, cortaremos tiriñas paralelas do mesmo ancho (aprox 3 cm) e longo (aprox 7 cm). Faremos uns nudos ben apretados en cada tiriña para que non escape a compra.

E por último podemos decorar a bolsa ao noso gusto e incluso poñerlle o nome para facela personalizada!

TACHÁN! Xa temos a bolsa para ir á compra coa nosa familia! :)


Esperamos que vos guste! :)

Un bico xigante! :)

Leotolda! :)

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe queremos propoñervos unha serie de actividades a través do conto de Leotolda.

Conto Leotolda

Unha vez que escoitedes o conto, as actividades son as seguintes:

1. Debuxade a Leotolda tendo en conto os seus atributos: GRANDE, REDONDA E DE MOITAS CORES.

2. Pensade en palabras que comecen pola mesma letra que Leotolda e expresádeas en voz alta.

3. Agora intentade compoñer o nome de Leotolda con diferentes materiais: plastilina, pasta, lentellas, arroz...

Esperamos que vos gusten!

Un bico xigante! :)

Tarefa de inglés!

A profe Nati mándavos as seguintes tarefas e moitos biquiños! :)



Floreamos cuncas de ovo!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe propoñemos que decoredes unhas cuncas de ovo que transformaredes en flores.

Para iso precisades:

- Cuncas de ovo.

- Pinceis.

- Témperas.

- Tesoiras.

- Pegamento.

- Palliña.

Primeiramente se cortarán as cuncas de ovo de xeito que queden en 4 pezas.
Despois pintarédelas mesturando diferentes cores, pegaremos unha palliña na parte posterior para o talo e finalmente para o pistilo podedes empregar un pompón, un tapón de plástico ou calquera outro elemento que teñamos pola casa.

E xa tedes as vosas flores!

Esperamos que vos guste!

Un bico xigante! :)

Tarefas desde Afundación!

Ola peques!

Como estades? :)

Desde Afundación mándannos os seguintes enlaces para que os disfrutedes!

Esperamos que vos gusten!

Un bico xigante! :)

Papiroflexia

Taller de arte

Audioconto

Xogamos cos números!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe propoñemos un novo xogo para o que precisades os seguintes materiais:

- Rolo de papel hixiénico.

- Moitos botóns diferentes.

- Un rotulador.

- Unha pizarra (ou folios).

Primeiro xogaremos e exploraremos libremente os botóns facendo composicións, debuxos...

A continuación clasificaremos os botóns por cores e despois coa axuda da familia debuxaremos trazos sinxelos na pizarra (liñas, ondas, letras...) e teredes que repasalos colocando os botóns enriba das liñas.

Por último colleremos cinco anaquiños de papel hixiénico e escribiremos en cada un os números do 1 ao 5.

Colleremos un anaquiño e colocaremos tantos botóns como indica o número.

Esperamos que vos guste!

Un bico xigante! :)

Creamos o noso nome con obxectos! :)

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe imos crear o noso nome pero dunha maneira moi especial!

Para iso temos que atopar obxectos que comecen con cada unha das letras que compoñen o noso nome.

Por exemplo, se nos chamamos Leo!

L - Libro.

E - Espello.

O - Osiño.

Enriba de cada letra escrita nun anaco de papel poñeremos o obxecto que se corresponda.

Podedes facer o mesmo co nome das vosas familias!

A pensar!

Un bico xigante! :)

Tarefa de inglés!

Ola peques!

A profe Nati mándavos as seguintes actividades para traballar.

Un bico xigante! :)



A xogar! :)

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe traemos un xogo moi divertido!

Para xogar só precisades un dado, podedes xogar coa vosa familia e cada vez que tiredes, dependendo do número que saia, ides ter que facer unha das actividades do taboleiro.

Gaña o primeiro que chegue á meta!

Esperamos que vos guste!

A xogar! :)

Un bico xigante! :)

Tarefas desde Afundación!

Ola peques!

Como estades? :)

Desde Área educativa Afundación engaden unha serie de ligazóns para que poidades desfrutar todos xuntos en familia!

Taller de cociña

Pintar con burbullas

O coelliño branco

Esperamos que vos guste!

Un bico xigante! :)

Xogamos interactivamente!

Ola peques!

Como estades? :)

Para a fin de semana deixámosvos uns enlaces a uns xogos moi divertidos que seguro que vos gustan!

A pasalo moi ben! :)

Un bico xigante! :)

Xogos interactivos1

Xogos interactivos2

Invisibilidade na auga!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe propoñemos un experimento para o que só precisades un obxecto pequeno, un vaso e un recipiente máis grande, como pode ser un acuario.

Primeiro meteremos o obxecto dentro do vaso e posteriormente introduciremos ese vaso dentro doutro recipiente máis grande con auga.

Imos introducilo pouco a pouco, sen que a auga entre no vaso que temos co obxecto dentro e veremos como o noso obxecto desaparece! ;)

Deixámosvos un enlace para que poidades velo!

Invisibilidade na auga

Esperamos que vos guste!

Un bico xigante! :)