Facemos grafismo creativo!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe queremos propoñervos un novo xogo para divertirnos ao mesmo tempo que traballamos a psicomotricidade fina e a creatividade.

Para iso, precisaremos os seguintes materiais:

-Folios.

-Gomets de cores.

-Rotuladores, ceras ou lápices de cores.

Primeiro colleremos un folio en branco e pegaremos as pegatinas libremente por todo o papel.

Agora contade cantas pegatinas tedes de cada cor. De cal tedes máis? E menos?

A continuación faremos un sol con cada pegatina!

Para iso colleredes un rotulador da cor de cada gomet e trazaredes raias en todas as direccións.

Podedes facer o mesmo debuxando círculos co rotulador.

Non vos esquezades de poñer o voso nome! :)

Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog