Sistema urinario!

Ola nenos e nenas hoxe cambiammos de tema, deixamos o aparexo dixestivo e comezamos co sistema urinario!
pero... de que credes que se encargará este sistema?
unha pista: Este sistema ten que ver coa orina, fixádevos como se parecen as palabras:

URINARIO 
ORINA

Xa sabedes de que se encarga?
outra pista por si acaso... un urinario é outra forma de chamar ao vater de parede
sabedes o que se fai nel??

efectivamente o pis!

O sistema urinario encárgase de producir, almacenar e eliminar a urea, que unha vez que sae do corpo é a orina ou comunmente chamada PIS

Pois ben, a través do pis e da suor, eliminamos moitas toxinas do corpo, e ambos traballiños xuntos chámase aparello excretor

acordádevos que é moi importante non aguantar as ganiñas de facer pis
neste video di que un adulto pode aguantar sobre 500 ml
sen embargo un neno/a de até dous anos soamente pode 125 ml

Que vos parece se comparamos as cantidades?

e agora vexamos as partes do sistema urinario

animádesvos a facer algunha destas manualidades?




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog