Bo verán!!

O noso agradecemento ás familias porque, entre todos e todas, fixemos posible que o alumnado deste centro seguira realizando tarefas durante o confinamento e estivera en contacto co seu profesorado.  Vémonos en setembro!


Este curso tan estraño
chegou ao seu fin
e vai permanecer sempre
no noso recordo.
O CEIP Vila de Rutis
quere felicitar
ao alumnado e ás familias
pola súa responsabilidade
e polo seu traballo
desde a casa.
O confinamento
serviunos para
botarnos de menos,
desexar vir ao cole,
e para valorar máis
a necesidade de vir ás aulas
e compartir xuntos e xuntas
moitas emocións e ensinanzas.
Queremos animarvos
a mirar cara adiante
e, sen esquecer o vivido,
teñamos a esperanza
de que en setembro
estaremos xuntos de novo.

Bo verán!!

Feliz verán soles! :)

Ola peques!

Noutras circunstancias estos serían días de moitos bicos, apertas, e tamén de despedidas.

Chegamos ao final desta viaxe, pero antes de marchar, quero darvos as grazas polos vosos sorrisos e palabras bonitas, polo voso cariño e ilusión, pola vosa maxia e por esa marabillosa forma
que tedes de ver a vida.

Grazas tamén por todo o que levo de vós, polo que descubrístedes ao meu carón, e polo que eu da vosa man aprendín.

E grazas tamén familias, polo voso apoio constante, esforzo, traballo, gratitude, respecto e cariño. Grazas de verdade por facer máis doado e bonito o camiño.

Déixovos un último vídeo, no que quixen recoller pequenos momentos que permanecerán sempre no noso recordo.

Feliz Verán!

Ata sempre e moita sorte para o próximo curso!

Un bico xigante! :)