Os sentidos: o gusto e o olfacto

REPASAMOS
 que son os sentidos?

unha cantiga para repasar os sentidos e tamén outro conto

e agora algunhas actividades onde desenvolveremos os sentidos

OLFACTO e o GUSTO

GUSTO- imos probar alimentos pero cos ollos vendados ou pechados, seremos capaces de identificalos?, podedes escoller os que queirades, pero a ser posible escollede un ácido (como o limón), un amargo (como o café), un doce (como o azucre) e un salgado (como o sal)


OLFACTO- será moi similar á do gusto soamente que nesta ocasión presentaremos alimentos dentro dun bote ou bosa opaca e con pequenos buratos para que salga o olor cara fóra. (exemplos: limón, laranxa, allo, cebola, pementa...)




Agora... algunhas curiosidades sobre o nariz

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog