Movemos o esquelete!

que tal ides peques?
hoxe é o día do traballador/a e é festivo!
recordarvos tamén que o luns día 4 foi un dos días escollidos como festivos, pero aínda así teredes unha nova misión esperando por vós
:)

As misións para esta ponte van ser coidarnos físicamente!

propoñémosvos facer unha receta saudable... a ver que ideas tan orixinais aparecen, non esquezades facer a receta, polo menos os ingredientes que empregáchedes!


Ademais para coidar o corpo é fundamental un pouco de exercicio, podedes probar algunhas destas opcións:
Zumba!, canto máis practiquedes as coreografías máis divertido será
Táboas de exercicios para facer na casa, esta mestra de Edución física propón diferentes exercicios con cousas sinxelas que todos podedes ter na casa, pausade o vídeo cando o precisedes para prepararvos
Yoga, para relaxarvos e fortalecer o corpo, neste video aprenderedes algunhas posturas que levan o nome de animais, esperamos que vos gusten








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog