O ovo saltarín! :)

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe queremos propoñervos un experimento moi divertido :)

Para iso só precisamos:

- Un ovo.

- Vinagre.

- Un frasco con tapa.

Primeiramente poñeremos o ovo dentro do frasco e engadiremos o vinagre ata cubrir o ovo.

Teremos que agardar 48 horas con moita paciencia a ver que sucede.

Poderedes ir observando os cambios que ten o ovo.

Pasadas as 48 horas sacamos o ovo do frasco con vinagre e o lavamos con moito coidadiño debaixo da billa.

Poderemos ver que o ovo volveuse brandiño, xa que o ácido do vinagre foi desintegrando a súa casca.

E a xogar! :)

Deixámosvos un enlace para que tamén poidades ver como se fai.

Ovo saltarín

Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog