UN “DÍA DO LIBRO” ESPECIAL

Cada ano, o 23 de abril é unha data especial no colexio. Conmemórase o Día Internacional do Libro para fomentar a lectura entre os máis pequenos.

Hoxe estamos vivindo unas circunstancias especiais, pero non por iso, imos deixar de celebrar esta data. Animamos ás familias a disfrutar  coas lecturas dos seus fillos/as, que lles permitirán viaxar a lugares fantásticos, vivir grandes aventuras, e deixar voar a imaxinación.

O profesorado do CEIP Vila de Rutis, co desexo de que pronto volvamos á normalidade, quere adicarvos este vídeo e recordarvos que vos botamos moito de menos. Moito ánimo!


Ademáis deixámosvos un enlace a un conto moi especial e que esperamos que vos guste :) 

Conto Monstruo Rosa 

Baixo o lema #librosafiestra podedes mandarnos unha foto cun conto que vos guste na fiestra e posteriormente faremos unha recompilación de todas elas :)

Ademáis podedes facer as vosas propias reproduccións do conto Monstruo Rosa!

Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog