Hoxe imos experimentar cunha masa non newtoniana! :O
E que é esta masa? Parece unha masa líquida, pero cando a tocamos é sólida!
Isto quere dicir que segundo a forza que exerzas sobre ela alterará a súa viscosidade. Se fas moita forza actuará como un sólido e se deixas de facer forza actuará como un líquido.
Leva o nome de non newtoniano, porque foi Isaac Newton quen clasificou a propiedades dun «fluído ideal» e como a masa que realizamos non cumpre coa lei da viscosidade de Newton denomínaselle fluído non newtoniano.
Para facer esta masa precisamos:
- 50 ml de auga ou medio vaso pequeno aproximadamente.
- Colorante.
- Cinco culleradas de fariña de millo ou maicena.
- Un bol.
Para facer o noso fluído non newtoniano, primeiramente, poñemos as cinco culleradas de maicena nun bol e engadimos a auga con colorante. Posteriormente, remexemos ben a mestura e coas nosas mans comezaremos a xogar e experimentar que ocorre.
Agora é momento de probalo!
Podemos coller un pouco na man e suxeitalo con forza, podemos observar que se forma unha especie de bolo, pero ao retirar a presión, é dicir ao abrir a man, o fluído escorrerase entre os nosos dedos como a auga. :)
Deixámosvos un enlace dun video no que se explica este experimento. :)
Experimento masa non newtoniana
Un bico xigante! :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por participar neste blog