Bolsas máxicas! :)

Ola peques!

Hoxe traballaremos un pouquiño cos números e as letras de forma manipulativa :)

Que vos parece se creamos os vosos nomes? Esto xa o facíamos na clase, pero seguro que agora na casa tamén o podedes facer :)

Facendo unhas tarxetiñas cos vosos nomes, podemos ir empregando pinzas coas letras, ou anacos de cartulina, ou tapóns... E iremos colocando cada un no seu sitio ;)


Ademáis podemos xogar tamén cos números, poñendo tarxetiñas e colocando tantos obxectos como o número que nos mostre a tarxeta.


Para iso podemos utilizar tamén as oveiras que temos na casa, poñéndoo os números nos ocos e colocando tantos obxectos como nos indique! ;)


Agora atendede, que seguro que isto vos vai encantar! :)

Coa axuda dun xel fixador, purpurina e unhas bolsas de conxelación, podemos facer bolsas máxicas para crear os nosos números, letras... Só temos que botar xel fixador dentro da bolsa, purpurina e a pechamos. E xa podemos crear os nosos números, letras o que queirades! Agora a probar! :)


Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog