Os números no meu corpo!

Peques hoxe vai de lóxica matemática! A contar!
Contemos partes do corpo que se repiten e cantas temos e as que non o fan
tamen practicamos os números pesandonos e medíndonos!
podemos repetir esta mesma actividade cando rematemos o proxecto, "medraremos nun mes?"


Practiquemos os quebracabezas online, na que se vos rexistrades poderedes crear un quebracabezas cunha foto vosa ou na APP "Kids' Puzzle"

A artistada de hoxe sera traballando a dereita e a esquerda:




se tedes a opción, podedes xogar ao TWISTER, xogar a "Simón di..." con frases que leven as palabras "dereita ou esquerda" ou  crear unha especie de circuito empregando as mans e pes dos membros da familia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog