Xa que estamos co corpo imos repasar un pouco o vocabulario do corpo en inglés
Coa cantiga de Migallas "O corpo" aprendemos moitos ósos do corpo, pero nesta ocasión ímonos centrar na cabez
a, no tronco ou nas extremidades por fóra.
Imos fotografar algunha parte do corpo intentando que sexa orixinal, desde ángulos imposibles ou xogando co zoom ou coa proximidade; podedes facelo todos na casa e crear unha composición con algunha app de fotografía como "KIDSDOODLE"
Aquí un exemplo, de quen será este ollo sen rostro...??
O luns aproximámonos a imaxes dos comics, hoxe propoñémosvos crear historias, para o cal ides programar como auténticos informáticos!
Descargade a APP "Scratch JR" e ide combinando as posibilidades e exercitando a mente!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por participar neste blog