Pintamos en 3D! :)

Ola peques!

Apetécevos pintar en 3D? :)

Para iso precisamos:

-Unha taza de fariña.

-Unha cullerada de sal.

-3 culleradas de polvo de fornear.

-Colorante.

-Auga.

Mesturaremos ben os ingredientes, logo dividimos a mestura en tantos colorantes como nos apetezan.

Para finalizar podémolos meter en mangas e ir pintando en cartolinas. Unha vez que temos xa o noso debuxo preparado, o metemos no micro durante 30 segundos, sempre con axuda dun adulto, por suposto! E xa temos o noso debuxo en 3D! A que quedou chulo? :)


Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog