UN "DÍA DO LIBRO" ESPECIAL

Cada ano, o 23 de abril é unha data especial no colexio, conmemórase ...
o Día Internacional do Libro, para fomentar a lectura entre os máis pequenos. 
Hoxe estamos vivindo unhas circunstancias especiais , pero non por iso imos deixar de celebralo. Animamos ás familias a disfrutar coas lecturas dos seus fillos/as, que lle permitirán viaxar a lugares fantásticos, vivir grandes aventuras e deixar voar a imaxinación. 
O profesorado do CEIP Vila de Rutis, co desexo de que pronto volvamos á normalidade, quere adicarvos este vídeo e recordarvos que vos botamos moito de menos. 
Moito ánimo!!
Ademais mandamos un RETO! que vos parece se montamos un video entre nós? 
chamrémoslle #librosafiestra
para iso debedes sacarvos unha foto ao lado da fiestra contando o voso conto favorito 
e despois as profes montámolo!
damos uns días de marxe ata o martes 28 e así o xoves a primeira hora... estará o video listo para disfrutalo 
:)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog