Ola peques!
Como estades? :)
Hoxe faremos un quebracabezas
na casiña moi orixinal. Necesitamos os seguintes materiais:
- Recortes de revistas, xornais, fotografías.
- Tesoiras.
- Pegamento.
- Folios ou cartolinas.
Primeiro buscaremos en revistas ou xornais fotos que nos gusten,
aínda que tamén podemos empregar os nosos debuxos, fotografías coa familia ou
calquera imaxe que nos resulte interesante.
Agora coa axuda dos adultos, faremos as pezas do noso
quebracabezas recortando a nosa imaxe en pequenos anacos. Tede en conta que
canto máis pequenas sexan as pezas, máis complicado será construilo.
Cando xa temos as pezas do quebracabezas, xa podemos facelo! :)
Ademáis deixásmovos uns enlaces para traballar diferentes conceptos:
Letras
Grande
Pequeno
Primavera
Un bico xigante! :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por participar neste blog