Hoxe adentrarémonos... na nosa alma!

Tan importante é coñecer o noso corpo físicamente como a nosa mente e a nosa alma!
por iso imos entender un pouco máis os nosos pensamentos das mans do conto:
Un dos contos que vimos e traballamos no cole foi "a mochila invisible"
a mochila que se enchía de palabras algunhas pesadas como pedras e outras lixeiras como pompas.
e ti? de que tes hoxe chea a mochila?
que te parece se preparas unha mensaxe chea de palabras bonitas para os compañeiros e campañeiras da clase? así contribuiremos a ter todos un pouco máis chea a nosa mochila de pompas!

Unha actividade que podemos facer para coñecernos máis a nós mesmos é ....
ponernos diante dun espello e pensar sobre nós mesmos, pensar todas as cousas bonitas que temos, algunhas podemos velas sen esforzo xa que todos e todas sodes guapísimos! pero outras debemos observalas a través dos ollos, mirando dentro de nós!
Cales serán as vosas virtudes?
 Xa que temos todos un espello cerca, que tal se poñemos caras interpretando diferentes emocións?
Para recordar algunhas delas aquí tedes un conto: "Mimo y las emociones"


Lembrades os mimos? no seu traballo é fundamental a xestualidade xa que non empregan a linguaxe oral, mirade este corto tan chulo

Polo de agora xa coñecemos a árbore xenealóxica pero podemos coñecer outra árbore moi especial  "a árbore das preocupacións" cunha sesión de 7 minutos de mindfulness 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog