Comezamos a semana e con ela un novo reto!
imos falar da nosa orixe!
Antes do noso nacemento son precisas tres fases, neste video volo explican:
Escoitáchedes o por qué do voso embigo? e para que sirve?
por se acaso... aquí tendes un video que volo recorda
Ademais mandámosvos un precioso conto "baby pop" que fala de como fomos crecendo na barriga de mamá
sabedes o que son as ecografías? son fotos do interior do corpo, e nas embarazadas permítennos ver aos bebés formándose no interior da súa barriga, concretamente dentro do seu útero!
A profe Manu, xa foi mamá e cedeunos fotos do seu peque cando aínda estaba na súa tripiña.
Aquí Mateo so levaba 1 mes no útero de Manuela, e casi non se diferenciaban as partes do seu corpo, era como unha perla!
Pero os meses pasaron e mirade... aquí xa levaba 7 meses e xa se ve perfectamente a súa cariña!
Algunha vez víchedes unha ecografía vosa? apetécevos? preguntade aos papás e mamás e xa nos contaredes as vosas impresións!
Os bebés están moi tranquilos rodeados dun líquido que os protexe dos golpes e dos movementos bruscos, despois de nacer debemos manter un trociño dentro de nós ... lembrades "o lago interior"
ese que se está tranquilo fainos sentir ben?
pois unha das maneiras é ter cerca unha "botella da calma" sirve para relaxarnos cando nos costa estar tranquilos polo que acontece ao noso redor.
É moi faciliña de facer, xa veredes no video, pode ser que nos recorde a eses momentos nos que estabamos na barriguiña de mami e podíamos sentir, desde dentro, os seus latexos
Probade a poñervos nun lugar tranquilo da casa, movede a vosa botella da calma e poñede de fondo os sons do latexo do corazón ou poñédevos tumbados no peito de mamá ou papá.
buscade un momento nos que todos estedes tranquilos, seguro que será un bonito momento de vivir
:)
E agora unhas fotos das profes de bebés, recoñecédesnos?
Co paso do tempo fomos medrando e xa se nos recoñecía un pouco máis :)
Esperamos que disfrutedes das fotos e tamén das actividades propostas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por participar neste blog