Primeiro uns contiños para entrar en situación!
Propoñemos a construcción dun xogo... o xogo de construir montruos!
Cada artista necesita polo
menos un folio no que teña xa debuxado unha única e enorme figura (un círculo,
un cadrado, un óvalo...). Necesitamos tamen un dado.
1ª PARTE
Tirade o dado! O número
que saia é o número de ollos que tendes que debuxar na vosa figura.
Tirade o dadao outra vez!
O número que saia será o núemro de bocas.
Volvede tiralo! Agora
estamos decidindo o número de narices.
Agora vamos tiralo...para
ver cantos brazos tendes que debuxar!
E agora de novo para ver
cantas pernas!
Preparados? Tirámolo para
ver cantas orellas?
E para rematar... o pelo!
Estas son as normas: 1-2= pouco pelo, 3-4 = normal, 5-6= moito pelo.
Xa tendes o monstruo
rematado!
2ª PARTE
Xa rematamos co dado, pero
seguimos co monstruo. Hai que colocalo nalgún sitio, poñerlle nome, decoralo,
colorealo...
Agora que xa temos a nosa
personaxe, chegou o momento de inventarlle un mundo e unha historia. Onde
está?, Quenes son os seus amigos e a súa familia?, onde vive?
Construímos os nosos mostruos, con obxectos reciclados
posto que chega a semana santa, e ainda estaremos por aquí subindo as vosas misións, toca que organicedes o traballo nestes días; seguro que quedaron misións pendentes, fichas, videos por ver... pero por se aínda así non chega... aquí tedes 365 manualidades para facer na casiña ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por participar neste blog