Facemos un puzzle caseiro e escoitamos un conto! :)

Ola peques!

Que vos parece se facemos un puzzle caseiro?
Para iso necesitamos cartón, pinturas para facer os debuxos e pompóns ou similar (como boliñas deplasti por exemplo).

Repartimos o cartón en dúas partes, unha para facer o taboleiro e outra para as pezas. 

Distribuimos os cadrados utilizando os números que queiramos, pois por exemplo do 1 ao 6. 

Nas pezas soltas do cartón debuxaremos unha nube, dúas flores...Pero sempre neses debuxos deixando os huecos correspondentes ao número de pompóns que queremos encaixar, como podedes ver nas imaxes... E a pasalo ben!:)

Tamén deixamos o enlace a un conto que seguro que vos vai encantar...Atentos! :)

Conto Monstruo Rosa

Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog