Facemos galletas! :)

Ola peques!

Estivemos pensando e seguro que vos encanta axudar na cociña, por iso que tal se facemos unhas galletas de avea e plátano? E se queremos incluso podemos meterlle unhas pepiñas de chocolate! :)

É súper fácil de facelas, só precisamos:

- 2 vasos de avea.

- 3 plátanos maduriños.

- Pepiñas ou trociños de chocolate (se queremos).

- Un pouquiño de aceite.

Primeiro aplastaremos cun garfo os plátanos maduros e logo engadirémoslle a avea, o aceite e as pepiñas de chocolate. Cando esté todo ben mesturado iremos facendo boliñas e as aplastaremos un pouco na bandexa do forno. Para finalizar 15 minutiños aproximadamente a 200 grados e...TACHÁN! As deixaremos enfriar un pouco e logo xa estarán listas para comer :)

A nós saíronos así de ben...Non quedou ningunha! :)

A ver que tal a vós! Recordade que estas cousiñas sempre as facemos con axuda dun adulto :)


A profe Nati mándavos unha actividade para que fagades na casa :)

 

Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog