Ola nenos/as e familias!
Como ides co confinamento?, esperamos que estedes todos ben!
Esta situación parece que vaise prolongar máis do esperado polo que decidimos cambiar as misións soltas por seguir unha liña de traballo cunha temática común, polo que propoñemos facer un proxecto sobre o corpo, e chamarémoslle... "Este son eu"
A través do mesmo intentaremos avanzar no coñecemento de nós mesmos, desde 3 perspectivas: corpo, alma e mente
Vai ser complicado levar a cabo o proxecto sen a interrelación entre os nenos e nenas e a súa retroalimentación na aula, pero coas vosas achegas intentaremos que sexa o máis interactivo posible.
O primeiro que vos pediremos es que pensedes que vos gustaria aprender sobre o corpo e facer un "brainstorm" ou choiva de ideas do que os nenos e nenas saben ou creen saber sobre o seu corpo.
Non hai cousas correctas ou incorrectas polo de agora, só ideas iniciais polo que pedímosvos que non lle corrixades, aprenderán pouco a pouco por eles mesmos ao longo do proxecto
Para poder compartir isto podedes facer 2 follas tipo estas:
nós faremos coas vosas achegas un remix das ideas e compartirémolas para que poidamos ir todos como un grupo aula, apesares de ser dúas aulas na realidade, xa que participaremos todos os nenos e nenas de 4 e 5 anos do cole.
Faremos publicacións, os luns, mércores e venres, para que poidades distribuir o tempo como mellor se vos acomode :)
Esperamos que esta iniciativa sexa do voso agrado e que poidamos disfrutar todos e todas das aprendizaxes e curiosidades do noso corpo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por participar neste blog