Xogamos cos números!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe propoñemos un novo xogo para o que precisades os seguintes materiais:

- Rolo de papel hixiénico.

- Moitos botóns diferentes.

- Un rotulador.

- Unha pizarra (ou folios).

Primeiro xogaremos e exploraremos libremente os botóns facendo composicións, debuxos...

A continuación clasificaremos os botóns por cores e despois coa axuda da familia debuxaremos trazos sinxelos na pizarra (liñas, ondas, letras...) e teredes que repasalos colocando os botóns enriba das liñas.

Por último colleremos cinco anaquiños de papel hixiénico e escribiremos en cada un os números do 1 ao 5.

Colleremos un anaquiño e colocaremos tantos botóns como indica o número.

Esperamos que vos guste!

Un bico xigante! :)

Anxo moi ben! :)

Pero que ben traballas Anxo! :)





Continuamos co sistema urinario!

Hoxe imos centrarnos nas partes do sistema urinario, que au¡inda que xa escoitamos falar delas o mércores, teñen máis curiosidades para aprender!
preparados??


Camiño que fai polo noso corpo 

O PIS PRODÚCESE NOS RILES ("los riñones"), CIRCULA POLOS URÉTERES, ALMACÉNASE NA VEXIGA ("vejiga")E EXPÚLSASE A TRAVÉS DA URETRA. 

repasamos un pouquiño xa que agora podedes xogar interactivamente, a ver se recoñecedes as partes neste xogo


Creamos o noso nome con obxectos! :)

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe imos crear o noso nome pero dunha maneira moi especial!

Para iso temos que atopar obxectos que comecen con cada unha das letras que compoñen o noso nome.

Por exemplo, se nos chamamos Leo!

L - Libro.

E - Espello.

O - Osiño.

Enriba de cada letra escrita nun anaco de papel poñeremos o obxecto que se corresponda.

Podedes facer o mesmo co nome das vosas familias!

A pensar!

Un bico xigante! :)

Tarefa de inglés!

Ola peques!

A profe Nati mándavos as seguintes actividades para traballar.

Un bico xigante! :)



Sistema urinario!

Ola nenos e nenas hoxe cambiammos de tema, deixamos o aparexo dixestivo e comezamos co sistema urinario!
pero... de que credes que se encargará este sistema?
unha pista: Este sistema ten que ver coa orina, fixádevos como se parecen as palabras:

URINARIO 
ORINA

Xa sabedes de que se encarga?
outra pista por si acaso... un urinario é outra forma de chamar ao vater de parede
sabedes o que se fai nel??

efectivamente o pis!

O sistema urinario encárgase de producir, almacenar e eliminar a urea, que unha vez que sae do corpo é a orina ou comunmente chamada PIS

Pois ben, a través do pis e da suor, eliminamos moitas toxinas do corpo, e ambos traballiños xuntos chámase aparello excretor

acordádevos que é moi importante non aguantar as ganiñas de facer pis
neste video di que un adulto pode aguantar sobre 500 ml
sen embargo un neno/a de até dous anos soamente pode 125 ml

Que vos parece se comparamos as cantidades?

e agora vexamos as partes do sistema urinario

animádesvos a facer algunha destas manualidades?




Ainara traballa o aparto divestivo

Ainara sigue coas súas investigacións, e nos paseos ademáis tamén se adica a descubrir os tesoros que atopa na natureza 






De paseo cerquiña do cole, sodescapacesde descubrir o que se atopou



David traballa no proxecto

David estivo moi ocupado descubrindo cousas sobre o seu corpo e para non esquecer nada fixo todasestas fichas.
Moi be David, por certo encántame a túa sonrisa!!!!








A xogar! :)

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe traemos un xogo moi divertido!

Para xogar só precisades un dado, podedes xogar coa vosa familia e cada vez que tiredes, dependendo do número que saia, ides ter que facer unha das actividades do taboleiro.

Gaña o primeiro que chegue á meta!

Esperamos que vos guste!

A xogar! :)

Un bico xigante! :)

Martín segue aprendendo sobre o corpo!

Moi ben Martín!
:)







Alba aprende sobre o aparello dixestivo!

Moi ben Alba!
:)

Tarefas desde Afundación!

Ola peques!

Como estades? :)

Desde Área educativa Afundación engaden unha serie de ligazóns para que poidades desfrutar todos xuntos en familia!

Taller de cociña

Pintar con burbullas

O coelliño branco

Esperamos que vos guste!

Un bico xigante! :)

APARELLO DIXESTIVO

Moi boas peques, como xa dixemos o aparello dixestivo, ten diferentes partes.
Xa falamos da boca, esófago e do estómago.
Hoxe tócanos coñecer os intestinos



          Intestino delgado:  
                             .     mide máis de 7 metros, que tal se intentades comprobar o largo que é 
                             .     ten como función absorever os nutrientes dos alimentos


          Intestino groso:
                          .        mide aproximadamente 1,5 metros
                          .        a principal función e a de almacenar e expulsar o exterior o que o noso corpo                                         non precisa. O que elimina chámanse HECES inda que nos lle                                                               chamamos CACA





XOGOS INTERACTIVOS 



MANUALIDADES, 
que vos parece intentar facer a vosa propia maqueta do aparto dixestivo?


Santi aprende sobre o aparello dixestivo!

Moi ben Santi, imos converternos nuns expertos sobre o noso corpo!
:)
Ademais mándanos unha foto coa súa marcarilla nova, que apesares de tardar en chegar e pensar que se perdera polo camiño... finalmente chegou!




Martín aprende sobre o aparello dixestivo!

Martín segue a aprender sobre o corpo!
e como as mates tamén lle encantan segue practicando
:)







Lois experimenta coa auga!

Lois adéntrase nas propiedades da auga, concretamente na súa densidade!
:)
Ademais entretense cos pasatempos, buscando diferenzas!



Alba aprende sobre o seu aparello dixestivo!



Alana aprende sobre os dentes e fai de xardiñeira!

que ben o estás a pasaar, sempro co teu soriso por diante!
moi ben!
Ademais mándanos un experimento de debuxos bailaríns, que aínda quee rompeu un pouquiño... a idea é fantástica!



Xogamos interactivamente!

Ola peques!

Como estades? :)

Para a fin de semana deixámosvos uns enlaces a uns xogos moi divertidos que seguro que vos gustan!

A pasalo moi ben! :)

Un bico xigante! :)

Xogos interactivos1

Xogos interactivos2

O aparello dixestivo!

Boas peques! 
vaiamos máis alá... xa vimos por donde inxerimos os alimentos pero... que pasa despois con eles??

O primeiro que debemos saber é que dentro do noso corpo transfórmanse, esto ocurre no que chamamos aparato dixestivo



O aparto dixestivo ten diferentes función, unha delas é a:


 DIXESTIÓN 


        Comenza co que nos chamamos comer. Os dentes coa axuda da língua desfan o alimento para              que poidamos tragalo, esto tamén se chama tamén  deglución.
        Unha vez que ocurre esto o alimento pasa por un tubo que se chama  ESÓFAGO  e comunica a            boca co estómago



         No ESTÓMAGO , o é coma un saco en forma de J, encárgase de almacenar os alimentos e                   descompoñelos en partículas máis pequenas








E por hoxe xa chega tanta informaión, pero aquí vos deixamos unha canción..



Martín segue aprendendo!

Martín traballa moitísimo! 
:)
espero que o esteas disfrutando ;)

aprendeu sobre o sentido do gusto, traballando a lectoescritura e tamén os números!