Ola peques!
Como estades? :)
Hoxe faremos un xogo de encestar para divertirnos e
xogar coa nosa familia.
Precisaremos os seguintes materiais:
-Un bote de iogur.
-Unha tiriña de papel (tamaño ancho do bote).
-Rotuladores ou pinturas.
-Papel de xornais ou revistas.
-Cinta adhesiva.
-Punzón ou tesoiras.
-La.
O primeiro que imos facer é decorar a tiriña de papel
como máis nos guste. Logo temos que pegar o papel no bote de iogur, para que
quede ben bonito.
Coa axuda dos adultos, faremos un buratiño na base do
bote, con un punzón ou unhas tesoiras.
Logo faremos unha boliña pequena coas revistas ou
xornais (ten que poder entrar e saír do bote con facilidade).
Agora temos que unir a la á nosa boliña con cinta
adhesiva ben forte para que non se solte.
Por último pasaremos o outro extremo da la polo
buratiño que está na base do bote e facer un nó.
E xa está listo o noso xogo! Agora toca encestar e divertirnos!
Deíxámosvos un video para que vexades que se pode facer tamén con outros materiais :)