SAMAÍN!

Durante estas últimas semanas estivemos facendo actividades, xogos, lendo contos... sobre o Samaín. Ao comezo da semana os peques foron traendo cabazas decoradas por eles e as súas familias. Cada neno/a explicou como a fixera e quen lle axudara. O día 30 fixemos unha festa terrorífica na escola, todos viñemos disfrazados. Algúns nenos/as coas súas familias participaron nun concurso de postres de medo, estivemos vendo e probando os distintos doces, e todos estaban boísimos!!! Houbo un contacontos de bruxas moi divertido! E tamén cantamos e bailamos as cancións do Samaín!!!
Pasámolo de medo! 
No seguinte vídeo deixámosvos un pequeno resumo do día de Samaín!


 
Música de "Uxía Lambona e a banda molona"

1 comentario:

  1. ¡Me encantó todas las actividades con los peques! Me encanta el blog. Todo muy guay!! Gracias :)

    ResponderEliminar

Grazas por participar neste blog