SAMAÍN!
Durante estas últimas semanas estivemos facendo actividades, xogos, lendo contos... sobre o Samaín. Ao comezo da semana os peques foron traendo cabazas decoradas por eles e as súas familias. Cada neno/a explicou como a fixera e quen lle axudara. O día 30 fixemos unha festa terrorífica na escola, todos viñemos disfrazados. Algúns nenos/as coas súas familias participaron nun concurso de postres de medo, estivemos vendo e probando os distintos doces, e todos estaban boísimos!!! Houbo un contacontos de bruxas moi divertido! E tamén cantamos e bailamos as cancións do Samaín!!!
Pasámolo de medo!
No seguinte vídeo deixámosvos un pequeno resumo do día de Samaín!
Música de "Uxía Lambona e a banda molona"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
A misión consiste en facer un teatrillo con materiais reciclados que podemos atopar na casa. Podedes utilizar caixas de cereais, car...
-
Que ramo tan chulo! seguro que queda xenial para decorar algunha habitación da casa :)
-
A mestra de Audición e Linguaxe, Carlota, mándavos unhas indicacións que vos poden axudar a estimular a linguaxe oral dos vosos fillos e fi...