Facemos unha bolsa personalizada!

Ola peques!

Como estades? :)

Hoxe 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e para iso a vosa misión será a seguinte!

Que vos parece se no lugar de usar bolsas de plástico, fabricamos unha personalizada? :)

Para iso precisamos os seguintes materiais:

-Unha camiseta vella.

-Tesoiras.

-Pinturas e pinceis.

E agora comezamos! :)

Primeiro cortaremos as mangas e o cuello da camiseta, de xeito que nos quede unha camiseta de tiras anchas que serán as asas da nosa bolsa. Canto máis aberto sexa o cuello, máis grande será o oco para meter as nosas cousas.

Na parte inferior da camiseta, cortaremos tiriñas paralelas do mesmo ancho (aprox 3 cm) e longo (aprox 7 cm). Faremos uns nudos ben apretados en cada tiriña para que non escape a compra.

E por último podemos decorar a bolsa ao noso gusto e incluso poñerlle o nome para facela personalizada!

TACHÁN! Xa temos a bolsa para ir á compra coa nosa familia! :)


Esperamos que vos guste! :)

Un bico xigante! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog