Ola familias!
Xa que debedes estar na casa cos nenos e nenas, pensamos en plantexarvos diferentes misión diarias!
Son misións a realizar polos vosos peques al longo destes días de confinamento.
Pídovos que lle saquedes unha foto cada vez que realicen unha misión e que escriban na ficha (pasarémosvos un modelo) algunha anécdota durante a mesma, se lle gustou, se foi difícil, que fagan un debuxo…
Cando todas as misión de tódolos nenos/as estean conseguidas… faremos un “libro viaxeiro” e mandarémolo ás casas, cando poidamos volver aos centros, para que poidades ver tódalas actividades, dos diferentes compañeiros/as.
Para facer un seguimento, poñémosvos o mail da blog, por se queredes ir compartindo as vosas experiencias e nós Noe, Manuela, Cris e Uxía, iremos encargándonos de compartilas na blog :
"unha.xanela.ao.vila.de.rutis@gmail.com"
Calquera dúbida que teñades avisádenos a través do correo ou da mensaxería de abalar ;)
MAÑÁ, LUNS, COMEZAMOS!
Saúdos e ánimo nestas datas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por participar neste blog