Estampamos camisetas! :)

Ola peques!

Que vos parece se estampamos camisetas que temos pola casa e que non lle damos moito uso?

É moi fácil! Coas virutas das ceras podemos facer, por exemplo, un arcoiris.

Simplemente necesitamos que fagamos un molde nun cartón ou folio, poñer as virutas na forma do debuxo que queramos estampar e poñerlle un papel de forno ou similar por enriba.

Pasámoslle calor (con axuda das vosas familias claro!!!) cunha plancha e...Xa temos a nosa camiseta estampada!

Quedou preciosa a que si? Intentádelo vós e me contades ou nos mandades foto! :)

Un bico enorme! :)




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar neste blog