Apesares de non ter clase nestes días... pensamos que ao millor vos viña ben ter ideas para ir facendo cos nenos/as, tal e como estades transmitindo nas vosas mensaxes.
Que vos parece si adicamos a finde para gravar videos das cantigas que aprendéchedes o venres?
aínda que algúns artistas xa mandáchedes, estupendo!
aínda que algúns artistas xa mandáchedes, estupendo!
Así todos podemos aprendelas :)
Ademais para esta finde propoñemos unha receita caseira para facer SLIME.
SLIME “ORIXINAL”
Necesitamos:
1. Cola branca
2. Líquido de lentes de contacto
3. Bicarbonato de sodio
4. Tempera, pintura de dedos ou colorante alimenticio
5. Recipiente e un paliño de madeira para remover
6. Complementos espuma de afeita, bolas de poliespán, purpurina...
Pasos a seguir:
1. Botamos a cola branca no recipiente, engadimos a pintura/colorante e removemos.
2. Engadimos o bicarbonato de sodio e removemos ata que a nosa masa cobre unha
consistencia máis compacta
3. Engadimos o liquido de lentes de contacto pouco a pouco ata que o slime se
despegue do recipiente
XA TEMOS O NOSO SLIME PARA XOGAR!
*Ollo! as cantidades de bicarbonato e líquido de lentes variarán en función da
cantidades de cola empregada. Recomendamos comezar con pouco de cada cousa e ir
engadindo ata que a consistencia sexa a adecuada.
*Opcional Podes engadirlle espuma de afeitar para crear unha textura máis suave,
purpurina o bolas de poliespán para facelo “crunchy”.
Por se queredes probar outras receitas deixámosvos esta ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=-KPM-W12nvs
Nos esquezas enviarnos as túas creacións!
Tamén vos deixamos algunhas APPS:
Math & Logic: Ten moitos niveis, a pesares de explicarlles a aactividade oralmente, para ubicalos no seu nivel adecuado, polo me nos a primeira vez, precisarán da axuda do adulto.
Sumas y restas: esta poden usala soliños!
Ahorcado: posto que leva pista escrita necesitarán un pouco de vós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por participar neste blog