Este venres, collimos os nosos pasaportes, os nosos DNIs e as nosas tarxetas de embarque que nos facilitou a axencia de viaxes KANVOY o xoves e... A VOAR!
Contamos coa visita de Marcos, guardia civil e pai de David, informounos das normas de seguridade nos avións, e pediunos a documentación para poder selar o pasaporte; moitas grazas pola túa colaboración :)
Vimos un video das azafatas para as normas de seguridade nun vo e vimos un video dun simulador como auténticos pilotos.
Finalizamos a nosa actividade contándolles aos demais nenos e nenas de EI o que aprendimos ata o momento de París.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por participar neste blog