Os experiementos de Guillermo

Super-Guille mandanos os seus experimentos cos globos.
Moi interesante todo
Emoji pensativo | Wiki | ✨Moda y belleza✨ Amino






Guille fixo algo para a súa irmá

Guille e a súa  irma Elena fixeron un movil para colgar na lámpada da habitación de Elena.

Para facelo usaron:

 Cun plato de cartón e  macarrons fixeron o sol
 Cunha huevera e cartolina fixeron as flores.

Fabuloso rapaces!!!!





Os abalorios de Martina

Marti usou a pasta de sal para facer abalorios e poñerse guapiiisima!





Que bonitiña quedaches!

Xa me dirás onde podo conseguir un, quero ir a moda coma ti!!!!

Misión 11: Ían da clase dos bombóns!

moi ben ían que divertidos son os experimentos!
Neste caso o teu globo encheuse de CO2, que sae da reacción que fai o bicarbonato e o vinagre ao misturarse
Espero que apesares da cara de susto... disfrutaras moito da actividade!




Misión 10: Sophía da clase dos bombóns!

Un cazasoños precioso! seguro que os teus soños a partires de agora estarán cheos de cousas bonitas :)



Misión 9: Hugo, da clase dos bombóns!

Que chulo o calendario! fai como na clase e faille unha marquiña no día actual! podes axudarte dun cuño tamén.



David faille un homenaxe aos nosos sanitarios!

Todos temos algún coñecido/a, familiar, amigo/a... que está nese grupo de risco do mundo sanitario, de alimentación, transportistas, corpos de seguridade ... 
moito ánimo para todos e todas
Moitos de vós estades neses grupos.. o noso máis sentido aplauso para todos vós e moitas grazas por loitar por todos!





Misión 10: Ian, da clase dos bombóns!

que chulo ese monstruoso lapiceiro!! 
Se queres aínda lle podes facer algún amiguiño!


Aarón fai o seu tarro da calma!

Espero que saques un tempiño para atopar a túa paz interior ;)



Misión 10: David, da clase dos bombóns!

que foto tan bonita, que cariña de bos tendes todos :)
quedou un cadro precioso

Misión 10: Catalina da clase dos bombóns!

que cadro tan bonito de cunchas! ademais vexo que xa fixeches tamén o calendario ad cuarentena, agora a riscar días!




Antía! :)

Antía está xenial! A ver como vai medrando!

Un bico xigante! :)


Clara é reposteira! :)

Clara pero véxote toda unha cociñeira! Encántame! :)

Un bico xigante!


Thiago cántanos unha canción!

Grazas Thiago! Pero que ben o fas! Encántame!

Un bico xigante! :)

Valentina cóntanos un conto! :)

Escoitade moi atentos...Ollos abertos, orellas ben abertas....Xa comeza!!!

Grazas Valentina, estás preciosa e segue transmitindo toda esa dozura q irradias :)

Un bico xigante! :)

Video Valentina 
 



Ánimo e moita forza Vila de Rutis!!!!!

A Comunidade Educativa do CEIP Vila de Rutis quere adicarlle unha homenaxe aos protagonistas do colexio que, como non podía ser doutra maneira, son os nenos e nenas.
Nestas circunstancias especiais, temos que buscar algo positivo en todo o que está pasando, empezando por disfrutar máis dos que temos ao noso lado. Aproveitade para falar moito, xogar cos nenos e nenas, deixarlles participar nas tarefas diarias... e cando esto remate, non esquezamos que nós tamén puxemos un pouco da nosa parte QUEDÁNDONOS NA CASA.

 PARA TODOS OS NENOS E NENAS
As mestras e mestres do CEIP Vila de Rutis
queremos recordarvos que, a pesares de estar lonxe,
témosvos moi presentes.
E con este vídeo queremos recordarvos
o moito que vos queremos, que vos botamos de menos
e, por suposto, que cando poidamos
voltaremos con forza, ganas e moita ilusión.
Todo chega, todo sairá ben,
pero mentres, pedímosvos que quededes na casa
coma nós
EU QUEDO NA CASA
E TI?


Misión 11: Experimentamos con globos

Seguro que botades de menos a escoita de contos, as profes deixamos todos no cole con tanta presa, pero... buscamos opcións, esperamos que vos gusten

contos variados en galego

Contos de Kalandraka


Que vos parece se empezamos a facer algúns experimentos?

aquí tendes un Link para facer 3 experimentos:


- O globo que non esplota



- Os globos que levitan




- O globo que non se queima


Pero as artistadas son funmentais así que... que vos parece un pouco de DACTILOPINTURA?
Aí van uns exemplos:



O regalo de Ainara o seu pai

O papá de Ainara estivo de cumpleanos estes días e como non podía quedar ser unha sorpresa Ainara usando pasta de sal fíxolla con moito cariño.

Moi bo traballo Ainara, felicita a papá da nosa parte.


Vos tamén podedes intentalo!!!



"Os tres porquiños" misión Guillermo

Guille sorprendenos coa súa versión dos tres porquiños e o lobo.
Fantastico Guille! estás feito un artista


Algúns enlaces para traballar!

Ola peques!

Déixovos algúns enlaces para traballar diferentes conceptos, por se vos apetece traballar neles ;)

Números

Letras

Outros conceptos

Un bico xigante! :)




Mándovos bicos e apertas a moreas!

Ola peques! Como estamos? :)

Ocorréuseme que podemos mandar un video, ou foto, cada un de nós para mandarnos esos bicos e esas apertas que cada día nos dabamos.

Comezo eu e espero que nos vexamos moi moi pronto!!! :)

Bicos e apertas a moreas! :)



Facemos pasta de sal! :)

Ola peques!

Qué vos parece se facemos unha pasta de sal para modelar as nosas creacións, dándolle forma e as cores que queiramos?

Aquí está a receta!


Podemos facer un corazón, un arocoiris, todo o que se vos pase pola imaxinación!!! Pero logo mandádenos fotos das vosas creacións, non vos olvidedes! :)


Un bico xigante! :)

Tarefas de inglés!

A profe Nati mándavos algunhas tarefas de inglés! ;)

VIDEOS


Peppa Pig - CHOCOLATE EGG HUNT


Peppa Pig S5E11 Easter Bunny



Emma non para :)

que grandísimas están esas sementes, vaiche tocar transplantalas :)
un pouco de traballo e outro pouco de ocio, boa combinación 




David fai o seu calendario para a cuarentena!

Que chulo David, a ver se así levamos mellor o confinamento!
a riscar os días superados!
:)



Misión 10: pelis, contos e decoración!

Que tal pasachedes o fin de semana?

por se andades escasos de recursos de video... aquí vai un enlace onde hai moitísimas pelis de Disney gratuítas ;)

pelis Disney



Ademais supoño que tedes ganas de volver coas nosas misiós, asi que  haí vai a de hoxe.

" FACER UN DEBUXO OU MANUALIDAD PARA COLOCAR NA TÚA HABITACIÓN"


Ademais buscade na blog os contos da profe Noe e a profe Manu, que publicamos hoxe e despois podedes probar a contarnos o voso conto favorito ;)




Sara fai o seu deseño de camiseta!

que chula Sara! un unicornio multicoloríns,  entre o chula que che quedou e o guapísima que estás quedou unha foto para enmarcar ;)
Ademais eses tacóns son o máis do máis 



Ademais amósanos como metran as súas sementes :)
están enormes ...


David tivo que cambiar o "fútbol" polo "futbolín"!

Seguro que botas moitísimo de menos os teus partidos de "fútbol" ánimo que xa queda menos para ir xogar!
Pero mentras que ben que poidas compartir partidiñas de "futbolín" en familia ;)


Contos de profe Noe e profe Manu

Pois imos contar un conto un conto moi especial non sabemos de que trata pero pronto se saberá,.....

Moi atentos co cú pegado na silla,
as orellas escoitando,
xa imos comenzar.

VERLIOKA
DE PATACRUA E MAGICOMORA
OQO EDICIÓNS



A QUE SABE A LUA
MICHAEL GREJMIEC
KALANDRAKA



Clara mándanos bicos e apertas para todos! :)

Clara gracias polos teus bicos e apertas a moreas, nós tamén te queremos un montón, vémonos moi pronto e segue así de bailarina! :)

Un bico xigante!

Aroa eres unha artistaza! :)

Aroa encántame como fas todo con tanto esmero, mira que ben che quedou, desde logo que eres unha artistaza! Segue así e sorrindo sempre! :)

Un bico xigante! :)