Parabéns a Emma que fixo no Nadal 4 aniños e a Ian que é o primeiro en ter os 5!





Coñecemos a Claude Monet


Un dos pintores franceses máis coñecidos e Claude Monet, era un pintor impresionista, que vivíu no século XIX; gozaba pintando paisaxes desde a súa barca, un dos elementos que máis aparecen nos seus cadros son os nenúfares.
Nós tamén probamos a facer un cadro ao estilo de Monet!




1ª parada: PARíS

Coa axuda do Google Earth, viaxamos a París, camiñamos polos Champs- Elissees e chegamos á Torre Eiffel!
Coa axuda do Google Maps, analizamos cal é a millor maneira de viaxar a París, ou polo menos a máis rápida... o avión no que se tardarían 2h; o máis lento é ir camiñando xa que tardaríamos 299 horas!
Estamos moi emocionados con este proxecto!


COMEZAMOS A NOSA VIAXE!

A clase dos bombóns comezamos o noso proxecto da volta ao mundo, no que coñeceremos diferentes cidades de Europa, mentras que o resto das clases de infantil coñecerán cidades doutros continentes do mundo.
Galileo, o moucho que nos guiará nesta viaxe, animounos a viaxar con el a diferentes lugares, deixándonos unha carta de presentación, uns DNIs para que cada un de nós cubrísemos e despois das vacacións na súa maleta apareceu un libro moi especial!